As fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo reciben o Premio Otero Pedrayo 2020 en homenaxe á Xeración Nós

22 Outubro 2020
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participaron por videoconferencia na xuntanza do xurado

Novamente a nosa terra rende tributo ao rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e aos seus ilustres coetáneos. Foi este mércores 21 de outubro, na reunión do xurado dos Premios Otero Pedrayo 2020, que decidiu galardoar este ano ás fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo pola súa contribución á difusión do legado dos principais persoeiros da Xeración Nós. Na xuntanza do xurado participaron de xeito telemático o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ademais, fixéronse dúas mencións, unha ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (centro museístico do Estado e de xestión autonómica), e outra ao Concello de Cambados.

A entrega do Premio Otero Pedrayo será o 30 de outubro en Ourense, se “a situación sanitaria o permite”, explicaron os impulsores do galardón, lembrando que este vén da man da Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, co punto de partida en 1977, converténdose logo no premio cultural máis lonxevo de Galicia. Ten como obxectivo “perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios da nosa terra e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións”.

Recordar que este recoñecemento ás catro fundacións coincide co centenario da publicación da Revista Nós, que se está a conmemorar cun completo feixe de actividades, como a exposición Galicia, de Nós a nós que pode verse na Cidade da Cultura de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.