A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, clausurou esta mañá as xornadas “O Camiño de Santiago na ría de Muros- Noia” que se desenvolveron entre o 14 e o 17 de outubro no concello de Outes. No acto
estiveron tamén presentes a presidenta da Asociación de Concellos do Camiño Santiago Ria de Muros-Noia, Teresa Villaverde, e Manuel González, alcalde de Outes.
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia do traballo conxunto cos xeodestinos como axentes clave na promoción turística a escala supramunicipal e na posta en marcha de novos produtos e estratexias de comercialización que permitan un desenvolvemento turístico dun territorio con tanto potencial como o de
Muros-Noia.
Neste contexto Castro destacou a aportación que a Xunta fixo ao xeodestino a través da Asociación de Rural de Desenvolvemento (ADR) Ría da Estrela cun convenio que está agora en execución e que supón unha achega por parte da Xunta de 40.000 euros, dos 50.000 que se estableceron para levar adiante accións de promoción e comercialización de produtos vencellados co turismo activo, náutico ou industrial. En virtude deste convenio,
ademais, executaranse varias accións de promoción deste destino turístico orientadas a Galicia e norte de Portugal, con especial interese na Travesía Náutica Xacobea e a Ruta dos Faros.
A achega do Goberno galego tamén permitiu unha rápida adaptación do sector turístico de Muros-Noia á realidade derivada da pandemia da covid-19 a través da elaboración e implantación de manuais hixiénico-sanitario e webinars de formación para os profesionais do sector que lles está a permitir ofrecer unha resposta adaptada e de calidade á nova realidade derivada da pandemia.
O cardiólogo noiés José Ramón González Juanatey opta a presidir a Federación Mundial do Corazón cun proxecto contra a fenda sanitaria
Segundo informa Mundiario, o catedrático da USC disputa o liderado da entidade global fronte ao especialista chinés Junbo Ge no congreso de Río de Xaneiro. O prestixioso cardiólogo galego e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ramón...



