A Mostra de Teatro de Ribeira cambia aforos e horarios e convértese en gratuíta

30 Outubro 2020

A Concellería de Cultura de Ribeira vén de facer unha serie de modificacións na programación da Mostra de Teatro, por mor do empeoramento da crise sanitaria e das novas restricións, e co obxectivo último de garantir a seguridade dos asistentes aos diferentes espectáculos. Segundo fixo saber o Concello, procedeuse a cambiar os aforos e os horarios das sesións e, tamén, á anulación e devolución do importe proporcional dos bonos para o citado ciclo teatral

Así, por cada bono serán devoltos 20 €, xa que do seu prezo total de 25 € descóntanse 5 € polas dúas funcións celebradas con normalidade os días 9 e 16 de outubro. A devolución poderá solicitarse a partir do luns 2 de novembro e ata rematar o mes, tendo que facelo expresamente para ter dereito á mesma no Centro Cultural. Lustres Rivas de Ribeira ou ben a través da conta de correo culturaefestexos@ribeira.gal. O Concello lembra que será preciso aportar un certificado orixinal do IBAN da conta bancaria onde se queira recibir o abono, o xustificante do pago do prezo público da adquisición do bono que se entregou no momento da compra e o DNI do interesado que adquiriu o/os bono/os coa súa tarxeta bancaria na OAC. Unha ver rematado o prazo de solicitudes o 30/11/2020 procederase á devolución dos importes correspondentes antes de finalizar o ano 2020.

Malia isto, ao abeiro do apoio do Concello á cultura e aos seus traballadores, o Concello non renuncia á celebración da Mostra de Teatro. Por tal motivo, decidiuse seguir con esta programación, pero de forma gratuíta e adaptando o seu horario á normativa en vigor. Así, os espectáculos dos venres adiantan a unha hora o seu comezo, concretamente ata as 20.30 horas abrindo portas do auditorio para o seu acceso a partir das 20.00 horas (medida que non afecta ás dúas funcións adiadas aos días 15 de novembro e 6 de decembro ás 19 horas tal e como se informou a semana pasada).

Inscrición previa a partir do luns

Ademais, o aforo estará limitado a 60 persoas, sempre separados por convivintes, segundo á normativa vixente. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse no correo electrónico culturaefestexos@ribeira.gal facilitando nome e apelidos, lugar de residencia, teléfono e relación de convivintes, podendo facer as reservas de luns a venres ás 13 horas para o espectáculo de cada semana, tendo que agardar a confirmación por parte de Cultura onde se indicarán o número das butacas asignadas.

O Concello lembra que estes aforos poderán ir aumentado ou diminuíndo segundo o que indiquen as autoridades sanitarias en cada momento e a evolución da pandemia no conxunto do Estado, Galicia ou no municipio de Ribeira.

Por todo o exposto, o calendario da mostra, que seguirá a celebrarse ata o 12 de decembro, quedará do seguinte xeito:

· O mozo da última fila

Redrum Producións

6 de novembro: Hora 20:30

· Os nenos da variola

Pérez & Fernández

13 de novembro: Hora 20:30

· A primeira vez

Talía Teatro

Domingo 15 de novembro:

Hora 19:00

· Concerto Con-Fusión

Píscore

20 de novembro: Hora 20:30

· Sereas, dragóns e pistas de baile

Avelino González

27 de novembro: Hora 20:30

· O mel non caduca

Ibuprofeno Teatro

4 de decembro: Hora 20:30

· SÓS

Malasombra

Domingo 6 de decembro:

Hora 19:00

· O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)

Grupo Municipal de Teatro de Ribeira

Sábado: 12 de decembro:

Hora 20:30

Outros artigos

Ambar inaugura no Museo do Gravado de Artes a exposición “Acotío”

Este venres 7 de novembro o Museo do Gravado de Artes acolleu a inauguración da exposición Acotío, unha mostra que reúne oito pezas de gravado en punta seca realizadas por artistas da área de arte da Asociación Ambar. A exposición é o resultado final dun obradoiro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.