A mostra de Luis H. Hernández en Ribeira poderá visitarse até o 10 de novembro

29 Outubro 2020

A Concellería de Cultura de Ribeira informou de quen non tivera ocasión de ver no Centro Cultural Lustres Rivas a mostra Realismo Maquinismo Máxico e a súa vista ao redor, de Luis H. Hernández, vai ter ocasión de facelo até o 10 de novembro, dada a ampliación temporal á que vén de ser sometida a exposición.

Pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 e de 19 a 21 horas. A entrada é gratuíta.

A exhibición, como lembraremos, está composta por unha vintena de óleos de Luis H. Hernández: artista nado en Barcelona e residente en Salamanca, que ten no seu haber importantes exposicións en Barcelona, Cáceres, Madrid ou Valladolid. A colección comprende unha escolma de traballos artellados nos últimos doce anos e nos que predomina o estilo surrealista, aínda que con pinceladas costumistas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.