A Marea de Noia pedirá a paralización das obras da depuradora de Ponte Nafonso

27 Outubro 2020

A Marea Cidadá de Noia vén de emitir un crítico comunicado acerca das obras da depuradora de Ponte Nafonso, das que solicita a súa inmediata paralización por estar emprazada nun lugar, sostén, que non resultaría acaído para unhas instalacións destas características. O grupo tamén reflicte no comunicado o que cualifica de malestar da veciñanza e dos grupos da Corporación municipal “pola falta de información por parte do Goberno local”, sinala a A Marea Cidadá, engadindo que Noia “leva anos afrontando un serio problema de depuración das augas”, un problema que ao se xuízo non pode ser arranxado co emprazamento finalmente elixido, en primeiro lugar “pola preocupación que está a xerar entre as veciñas e veciños de Ponte Nafonso”.

A Marea tamén comunica que preguntará ao alcalde polos motivos que impulsaron a modificación do emprazamento orixinal da depuradora, así como polo feito de que “non se valorasen outras opcións menos problemáticas”.

Por último, e a petición dos veciños de Ponte Nafonso, a Marea de Noia preguntará ao rexedor pola posíbel solución ao saneamento que verte na ponte, “tanto neste lugar onde se atopa a obra da depuradora como no caso do vertido da ponte antiga”. Dende a Marea Cidadá sinalan que buscarán o apoio do resto de grupos municipais para levar a cabo esta paralización.

Outros artigos

Alarma de vertido no malecón de Gasset, en Noia

O Concello de Noia recibiu aviso na tarde deste venres 16 de xaneiro dun novo aviso de vertido na ría, concretamente un vertido de líquido cor verde aparecido na ría, a carón do malecón de Gasset. Ata alí desprazáronse o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lonxe”. Xulio Xiz

“Lonxe”. Xulio Xiz

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos. Combaten os tractores - de última xeneración ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.