A Deputación financia unha cuberta sustentábel para o parque infantil da praza de Galicia en Boiro

14 Outubro 2020
cuberta con iluminación solar fotovoltaica para
o parque infantil da Praza de Galicia, en Boiro

A Deputación da Coruña financiará a través do Plan Único (POS+2019) as obras de construción dunha cuberta con iluminación solar fotovoltaica para o parque infantil situado na praza de Galicia, no centro de Boiro. Segundo informou este mércores a entidade que preside Valentín González, o proxecto ten un orzamento de 247.740,25 euros e está financiado ao 100% polo organismo provincial. “Permitirá crear unha cuberta tipo pérgola duns 22×32 metros para que funcione como abrigo tanto do parque infantil existente como do espazo contiguo destinado a parada do transporte público”, engadiu a Deputación.

cuberta con iluminación solar fotovoltaica para
o parque infantil da Praza de Galicia, en Boiro

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, apuntou que o proxecto “é un bo exemplo de como o Plan Único axuda a mellorar as infraestruturas e servizos municipais, deixando ademais que sexan os propios concellos os que decidan cales son as súas necesidades”. Segundo debullou o edil local de Urbanismo e Obras, Luis Ruíz, esta actuación dá resposta “a unha importante demanda da poboación, para cubrir o parque infantil e que os cativos teñan onde xogar en inverno, así como dar acubillo á parada de autobús e ao acceso ao aparcamento público, evitando así unhas filtracións de auga existentes nesa zona”.

cuberta con iluminación solar fotovoltaica para
o parque infantil da Praza de Galicia, en Boiro

Características

A estrutura estará formada por pórticos de madeira laminada e o peche da cuberta realizarase a base de láminas de policabornato celular de 16 mm e protección aos raios UV para garantir o control da calor e da radiación solar emitida no interior do espazo cuberto. Tamén se instalará iluminación mediante tiras de LED integradas nun perfil de aluminio e, en zonas accesíbeis, colocaranse cargadores USB de intemperie con resistencia ao po e á humidade. Este sistema de alumeado e cargadores USB será alimentado por un sistema de paneis solares fotovoltaicos.

O Concello de Boiro ten aberto o proceso de licitación e as empresas interesadas poderán presentar ofertas até o 27 de outubro.

A Deputación engadiu que o Plan Único financiará no ano 2020 a renovación ou creación de 13 parques infantís noutros tantos concellos da provincia, sumando un investimento total de 951.252 euros.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.