A conmemoración do 700 aniversario da Muralla de Noia suscita un grande interese

10 Outubro 2020

O acto en conmemoración do 700 aniversario da Muralla de Noia,
organizado polo BNG na xornada do venres no Edificio Casino de Noia,
xerou un grande interese entre a veciñanza, que ateigou as limitadas
prazas postas a disposición pola formación nacionalista.
A primeira intervención foi a cargo das arqueólogas Manuela Pérez e Lola
Gil, autoras do estudo arqueo-histórico incluído no Plan Especial de
Protección e Reforma do Casco Histórico de Noia, as cales se centraron na
evolución dos sistemas defensivos ao longo da historia da vila noiesa.
A continuación, Ana Isabel Filgueiras, arqueóloga da Oficina de
Rehabilitación do Casco Histórico noiés, falou sobre a significación simbólica da muralla e a súa influencia na trama urbanística actual.
Pola súa parte, a deputada do BNG no parlamento galego, Rosana Pérez,
reafirmou o compromiso do BNG coa protección do patrimonio e defendeu
o papel central que esta cuestión debería significar para a administración e
a sociedade en xeral.
O acto foi pechado polo portavoz da agrupación do BNG en Noia, que
aproveitou para facer un pequeno agasallo ás poñentes en agradecemento
“por poñer o seu tempo e sabedoría a disposición da veciñanza de Noia”.
Ademais, Ricardo Suárez, lamentou “que o acto, cunha importante carga
simbólica para o municipio, non puidera acoller a todas as persoas que se
interesaron por acudir”.
O acto tamén foi retransmitido en directo a través da canle de ‘Facebook’
do BNG Noia na plataforma ‘YouTube’ e poderase ver baixo o título de ‘700 aniversario da Muralla Medieval de Noia’.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.