A aula CeMIT de Boiro achega autoformación para obtermos o certificado CODIX 2020

14 Outubro 2020

A aula CeMIT do Concello de Boiro oferta un curso de autoformación en CODIX 2020, que é o certificado galego de competencias dixitais en ofimática. O obxectivo é axudar á poboación a prepararse para a obtención da devandita acreditación, de gran relevancia para o desempeño de múltiples postos de traballo e, tamén, para incrementar a empregabilidade. Poden participar nestas probas todas as persoas maiores de 16 anos inscritas como usuarias na rede CeMIT.

O prazo de inscrición este xoves dia 15 de outubro e debe facerse a través da web do CeMIT ata o vindeiro venres 23 de outubro. Toda a información sobre a convocatoria está a disposición das persoas interesada na web do CeMIT a través da aula CeMIT de Boiro, de xeito presencial no Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou o teléfono 981 842 635.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.