Un veciño de Boiro asistido nun accidente é investigado por alcoholemia

25 Setembro 2020


O Equipo de Atestados de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela, e a Garda Civil do Posto de Boiro xunto coa Policía Local da localidade, investigou a un condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria tras obter positivo na proba de alcoholemia ao ser asistido tras un accidente.

Segundo informou a Benemérita os feitos ocorreron ao ter coñecemento a Garda Civil da existencia dun vehículo accidentado no quilómetro 26 da autovía AG-11.

Ata ese punto desprazáronse unha patrulla do Posto Principal de Boiro e outra da Policía Local desa localidade, co fin de prestar asistencia aos ocupantes do turismo e a regulación do tráfico.

Unha vez no lugar os efectivos observaron nos condutor “síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas”, relataron as mesmas fontes, polo que requiriron a presenza dun Equipo de Atestados para a realización das probas de alcoholemia e consumo de substancias estupefacientes.

Nas probas o condutor do vehículo sinistrado obtivo 1,09 mg/ l en aire expirado na primeira de alcoholemia e de 1,06 mg/ l na segunda, mentres que se saldaron con valores negativos as probas de consumo de substancias estupefacientes.

A Garda Civil ha investigado a este veciño de Boiro como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. O individuo, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.