SumaRibeira, moi crítica cos incrementos de orzamento no proxecto do Auditorio Municipal

16 Setembro 2020

A agrupación SumaRibeira emitiu un novo comunicado sobre o proxecto de Auditorio Municipal que impulsa o Concello e que, en palabras da dita plataforma cidadá, segue a ser obxecto de “continuados incrementos de presuposto” malia que o crédito inicial dispoñíbel forse de 2,1 millóns de euros, unha cifra que se foi incrementado no tempo dende o oito do outubro de 2019, “cando a empresa gañadora do concurso presenta un breve escrito no que alega carencias que tería o Auditorio de axustarse ao orzamento de 2.500.000, ao que si se axustaron máis de trinta empresas que se presentaron á primeira fase co concurso”.

SumaRibeira tamén lembra como máis tarde a mesma firma solicitou a aceptación dun presuposto de execución por contrata de 4.002.922€, é dicir, “un incremento dun 60%”, unha petición que o grupo cidadá denuncia que non xerou debate previo sobre a procedencia de aceptar estas demandas, e que motivou que fose levada a pleno a aprobación dun crédito extraordinario de 1.499.000 para acadar un orzamento de 3.599.000 para a realización dun Auditorio con toda a dotación “suficiente e necesaria” para Ribeira.

“Para maior contrariedade e sorpresa”, engade SumaRibeira, “sae a licitación a obra por 3.599.000€ e só se presenta unha empresa, que solicita certos cambios puntuais nas calidades dos materiais alegando escaseza no orzamento”. Estas peticións, explica a agrupación, derivan no feito de que a empresa de arquitectura gañadora do concurso comunique ao Concello que o novo presuposto ten que subir de 3.599.000€ a 4.739.000€.

En vista destas cifras, SumaRibeira informa o seguinte no seu comunicado: “Lamentamos moito vernos na necesidade de dicir que nos parece unha obscenidade política que se queira relativizar a importancia de incrementar un orzamento de fondos públicos dende 2.500.000 a 4.739.000 (un aumento aproximado do 90%), e se a isto lle engadimos o delicadísimo contexto económico municipal, autonómico, español, europeo e mundial provocado pola pandemia, para SumaRibeira este incremento non é admisíbel”.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.