Setenta nenas e nenos puxeron fin ao Campamento de Verán de Rianxo, edición 2020

03 Setembro 2020

Até setenta nenas e nenos do concello de Rianxo remataron este último venres de agosto as actividades do Campamento dde Verán. O programa de case dous meses de duración contou co apoio do Ministerio de Igualdade e desenvolveuse en tres espazos diferentes, unha medida (a de descentralizar as actividades) que foi posta en marcha como medida de distanciamento para garantir a seguridade sanitaria da rapazada. Concretamente, o campamento levouse a cabo no Colexio Ana María Diéguez de Asados, o CEP Brea Segade de Taragoña e o Pazo de Rianxiño con grupos reducidos baixo a supervisión dun monitor/a.

Segundo salientou o Concello, as medidas de seguridade e hixiene estiveron presentes nas actividades en todo intre, conseguíndose que o programa “rematara sen ningún episodio de contaxio entre os participantes e fose posíbel desenvolver a programación sen máis sobresaltos”. Funcionou tamén un programa Madruga para ampliar a xornada e colaborar na conciliación familiar. O Goberno local quixo destacar a bo facer dos monitores e monitoras que “nun contexto complexo sostiveron a actividade de dinamización das crianzas rianxeiras con actividades para grupos reducidos”.

A xeito de clausura das actividades, o venres celebráronse varios espectáculos de animación circense nos tres espazos sinalados: Lila Superstar, Nomo e Autopista Intergaláctico. Nos días previos houbo diferentes obradoiros como o de Bo Trato, da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.