“Sempre en beneficio dos favorecidos”. Andrés Fariña

14 Setembro 2020

“Imagino que Jean Giono habrá plantado no pocos árboles a lo largo de su vida. Solo quien ha cavado la tierra para acomodar una raíz, o una promesa de esta, podría haber escrito esta singular narración “El hombre que plantaba arboles”. Comeza así a presentación que Saramago fai da narración de Jean Giono. Conta a historia dun pastor que vivía só, cas súas ovellas e o seu can, nunha terra inhóspita, Descoñecia os seus propietarios. Considerou que esas terras morrían por falta de árbores e decidiu ter un remedio para ese estado de cousas. Levaba tres anos prantando árbores e contabilizaba xa cen mil bellotas das que prenderan vinte mil.
No epílogo, Joaquín Araujo, dí “cuando tengamos un árbol cerca de nosotros, o mejor, sobre nosotros, convendría que nos brotara algo de gratitud. Mejor un caudaloso agradecimiento porque nadie va a ser capaz, de tan siquiera enumerar los regalos que una arboleda nos hace. Cada árbol es una fuente y un diminuto clima local.”
Fago esta referencia ao libro “El hombre que plantaba árboles” porque estase a producir unha tala, a mata rasa, nos Túneles e na Garita coa consecuente perda da paisaxe da contorna. Uns piñeiros que son testemuñas da historia de moitos de nós, cos que pasamos momentos inesquencibles.
Medramos e gozamos da natureza, da súa liberdade e da súa tranquilidade, protexidos por piñeiros e penedos que formaban túneles e formas únicas como a pedra do home. Só podemos dar agradecemento por todos aqueles anos de compañía que nos deron os Túneles e a Garita, e que agora son vítimas da explotación extractiva dos favorecidos.

O fondo o Mirador da Garita. A.F.

Debo recoñecer o carácter privado dos piñeiros e polo tanto, é lícita á acción extractiva dous seus propietarios. Pero non así a falla de coidado na obrigada conservación dos camiños. O acceso ao miradoiro da Garita, un camiño tan vello como a propio monte, está desaparecido baixo os rastroxos da tala.
Neste sistema económico que soportamos e outros disfrutan, sabemos que a propiedade privada é un elemento esencial para o desenvolvemento económico. Pero tamén sabemos que non todo é crecemento económico. O crecemento non é a panacea para o grao de benestar da sociedade.
John Galbraith, lembra no seu libro La cultura de la satisfacción, “..es mas que evidente que los afortunados y los favorecidos reaccionan vigorosamente a la satisfacción y a la comodidad inmediata. Es el talante predominante en el mundo capitalista. El propio interés es el impulso dominante de la mayoría satisfecha, aquella que en realidad controla la sociedad. Resulta evidente cuando hablamos de una intervención pública en beneficio de los que no pertenecen a esa mayoría electoral.”
Que ingresos puido reportar á explotación forestal do piñeiro da Garita fronte ao custo da perda da paisaxe? Que gastos soportan os propietarios? Limpeza e impostos!, fronte ao custo das exencións fiscais para as arcas municipais. E aínda dín que nas eleccións municipais non hai ideoloxía!
Cando Miguel Delibes ingresou na Academia de la Lengua en 1975 xa enviou un recado “…el progreso moderno sin control, era sinónimo de la destrucción de la naturaleza. Esa loca carrera hacia el consumo desmedido está hundiendo el propio barco. Al grito de ¡mas madera! está arrasando bosques y destruyendo sistemas ecológicos.”
Nin sequera nun mundo de pandemias, no que estase a demostrar a vantaxe de poder gozar de contornas con espazos abertos, que integran vivenda e natureza, os poderes públicos continúan sen intervir na defensa do futuro e só apostan pola inmediatez.

Outros artigos

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

+

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

El cierre del servicio estatal de correos en Dinamarca con más de cuatro siglos dehistoria es una de esas noticias que quedan eclipsadas por la rabiosa actualidad. Sinembargo, su significado es profundo. No se trata solo de una reestructuración logísticade los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.