Santa Uxía de Ribeira celebra hoxe a súa Patrona

12 Setembro 2020

O Concello de Ribeira fixo este ano un intenso traballo para manter viva a celebración da patroa local, Santa Uxía, argallando unha decena de eventos en formatos medios e pequenos, gratuítos e baixo estritos protocolos de seguridade.

Procesión Santa Uxía 12 de setembro 2019. Foto joferpa

Este sábado 12, Día de Santa Uxía, a partir das 11 está prevista unha ruada de música tradicional coa banda de gaitas Os Castros de Ames, con saída do parque García Bayón para rematar na Porta do Sol.

Ás 12, oficiarase unha misa solemne na honra da patroa no adro da igrexa e a praza da Porta do Sol que estará cantada polo Coro Parroquial. A asistencia está limitada pola situación de pandemia.

O que non haberá será a tradicional procesión da que recuperamos uns segundos do ano pasado.

Ás 13 horas haberá na praza de Compostela un novo concerto das Rúas Musicais que correrá a cargo de Blow. Ás 19 horas, a Porta do Sol dará cabida á unha actuación infantil e familiar cos Contos de Pablísimo. E xa para rematar a xornada, ás 21.30 horas na Porta do Sol actuará o grupo Gallaecia Small Band con Paty Lesta.

O domingo 13 de setembro desenvolverase ás 13 horas un concerto de Thais Suki na rúa Santa Uxía para pechar as Rúas Musicais.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.