Ribeira prepara a segunda fase do arranxo da Rúa Manzanares en Bandourrío

08 Setembro 2020

Cando está a piques de concluír a primeira fase das obras de renovación da pavimentación da rúa Manzanares –que afecta ao tramo comprendido entre as prazas de Compostela e Pontevedra–, o Concello de Ribeira xa está
inmerso na preparación dunha segunda actuación para darlle continuidade co obxecto de seguir mellorando este vial vertebrador do barrio histórico de Bandourrío.
Así, as obras que se pretenden acometer inclúen, por un lado, o acondicionamento dunha área de 400 metros cadrados situada no entorno á altura da praza de Pontevedra e, por outra, a extensión dun novo pavimento ao longo doutros 80 metros lineais da rúa Manzanares.
Vai ser a brigada municipal de Obras a que se encargará desta actuación como xa está facendo na intervención actual, na que substituíron as deterioradas lousas de granito da capa de rodadura por un máis resistente formigón pulido intercalado con franxas de granito en sintonía co que se está a facer noutras partes da cidade.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.