Ribeira distingue os mellores xardíns das nove parroquias do municipio

15 Setembro 2020
Acto de entrega de galardóns ós melloers xardíns do concellod e Ribeira. cedida

Un ano máis, o salón de plenos da casa consistorial vén de acoller o tradicional acto institucional no que se distinguen os mellores xardíns das nove parroquias do municipio: un evento que estivo presidido polo alcalde
Manuel Ruiz coa asistencia da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira, e das súas compañeiras Ana Ruiz e María Sampedro, co propósito de galardoar e visualizar o labor que fan de maneira desinteresada moitos veciños e veciñas que se preocupan por embelecer as súas casas para beneficio da comunidade.
Nesta ocasión as persoas galardoadas foron: María Teresa González Pérez (Aguiño), Roberto Vázquez Chouza (Artes), Magdalena Pérez Rodríguez (Carreira), Valentina Vidal Argibay (Castiñeiras), Mercedes Carreño Lamas (Corrubedo), Juana Teresa Ageitos Rama (Oleiros), Carmen Orellán Sobrido (Olveira), Remi Fernández Santiago (Palmeira) e María Sampedro Vila (Santa Uxía).

Premios especiais
Ademais, tamén se concederon sendos galardóns especiais a Dolores Martínez Ageitos, veciña das Angustias-Bretal, en Olveira; e a Agustín Pego Lustres, da rúa do Mar en Castiñeiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...