Piden catro anos de cárcere para un ribeirense que pretendía vender 27 dose de heroína

04 Setembro 2020

Catro anos de prisión e unha multa de 3.000 euros é a pena que solicita o Ministerio Fiscal para un veciño de Ribeira que a próxima semana sentará no banco dos acusados da sección sexta da Audiencia Provincial, para responder como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

Os feitos que se lle imputan tiveron lugar o 10 de maio do 2018 cando foi sorprendido por efectivos da Policía Nacional na rúa Cristóbal Colón de Ribeira cando presuntamente pretendía vender estupefacientes.
Durante o rexistro atopóuselle unha bolsa con 27 papelinas de heroína, cun peso neto de 3,8 gramos. A droga segundo a policia ía destinada á súa venda a terceiros e podería alcanzar no mercado un valor de preto de 1.150 euros.

Outros artigos

Incendio nunha vivenda na Conlleira, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados ao redor das 11:00 horas desta mañá dun incendio nunha vivenda na Conlleira, no concello de Ribeira. O lume orixinouse nun armario nunha das habitacións e o operativo consistiu na extinción das...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...