Outes acolle este domingo a cuarta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

12 Setembro 2020
Outes acolle este domingo a cuarta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

Os vigueses José Luís Álvarez e Oswaldo Davila séguenlles a tan só dous puntos na clasificación xeral Venres, 11 de setembro de 2020.- A falta de dúas últimas xornadas para a consecución do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento lideran a clasificación xeral da categoría autonómica, pendentes do que fagan os seus adversarios no podio provisional, os vigueses José Luís Álvarez e Oswaldo Davila, na segunda praza a tan só dous puntos, e os tudenses Estévez e Piñeiro, a catro do banzo dourado do podio.
Este próximo domingo 13 de setembro Outes acolle a cuarta proba, organizada pola Federación Galega de Motonáutica e ADECO- DEA – Agrupación Deportiva Costa Oeste / Deporte Adaptado, coa colaboración do propio concello coruñés. O Freixo será o marco no que se desenvolva a competición, con sete equipos en liza que, sumados ao noies, vigués e tudense, tamén aglutina deportistas de Tomiño e Sada.
Con arranque programado ás 11 horas da mañá, piloto e copiloto terán que enfrontarse a unha serie de probas de destreza, nun circuíto marcado por boias fondeadas sobre as que terán que trazar un percorrido con diversas dificultades, e que serán desveladas no último momento polo Comité de Xuíces da Federación Galega de Motonáutica..

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.