Os socialistas de Ribeira piden que se melloren as instalacións eléctricas das atraccións do Malecón

07 Setembro 2020

O grupo socialista de Ribeira vén de elaborar unha queixa para ser presentada en pleno relativa á instalación das atraccións emprazadas estes das no Malecón da cidade, que, segundo apunta a agrupación, mostran eivas en materia de seguridade.

En concreto, a queixe refírese á existencia de cables de corrente atados e en contacto cos farois de alumeado público, unha solución adoptada que “implica un serio risco de provocar descargas eléctricas para calquera cidadán que entre en contacto cos farois”, sinala o grupo que coordina José Vilas, que fai un chamamento para que o Concello optimice a instalación, “garantindo a seguridade dos veciños e dos usuarios”.

Os socialistas recalcan no seu comunicado que non están en contra da montaxe dos parques de feira, “nin moito menos”, senón dos métodos adoptados para achegarlles corrente eléctrica. “As atraccións”, explican, “deben cumprir unha normativa vixente en materia de seguridade, o Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos e Actividades Recreativas”. En virtude de todo isto, solicitan o seguinte:

· Que por parte de quen corresponda se realicen as xestións necesarias para a que a instalación eléctrica cumpra a normativa.

· Que haxa un control rigoroso sobre a documentación a presentar no Concello por cada atracción instalada na explanada do Malecón.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.