Os socialistas de Ribeira piden acondicionar e mellorar a rúa de Correos

15 Setembro 2020

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu voceiro José Vilas, presentou unha proposición para ser debatida en pleno relativa ao estado no que se atopa a rúa de Correos da cidade, comprendida entre os viarios de Lugo e Marcial de Adalid. Segundo fai saber a agrupación, a rúa de Correos foi obxecto dende hai anos dunha presión urbanística que agravou a súa condición de viario estreito e con poucas posibilidades de comunicación.

En palabras do grupo, “Debido a circunstancias de edificación alleas ao Concello, vive dende fai un ducia de anos, unha condición anómala, pechada ao tráfico polo estreito da vía, e mesmo prohibida ao paso peonil en determinadas ocasións polo derrube de terras, e arranxos varios do firme”. Os socialistas lembran que os veciños levan anos reclamando o acondicionamento da rúa de Correos, que acumula pozas nas épocas de máis chuvia, que non permite circular nin camiñar e que adoita a amorear, en determinados recantos, maleza e residuos varios.

En virtude de todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista insta ao pleno da Corporación a que os servizos técnicos municipais procedan a realizar un proxecto de pavimentado da rúa de Correos, incluíndo a cesión a uso e dominio público dunha finca lindeira, coa dotación de servizos oportuna, e co aliñado definido no vixente PXOUM. Tamén pide que se proceda “á incautación da fianza depositada nas arcas do Concello de Ribeira, co fin de cumprir coas cesións oportunas, e coa realización de muros de contención, e outras condicións particulares da licenza de obras, ante a imposibilidade da realización da mesma”. Tamén se require que no orzamento do Concello para o ano 2021 se dispoña dunha partida orzamentaria para pavimentar e acondicionar á rúa de Correos en Ribeira.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.