O programa Boiro Emprega acadou unha taxa de inserción laboral do 52%

29 Setembro 2020

O Concello de Boiro fixo balance da actividade xerada polo seu programa destinado a mellorar as posibilidades da cidadanía para atopar un posto de traballo. TrÔtase do programa Boiro Emprega, que, segundo informa o Goberno local, acadou até o de agora unha porcentaxe de inserción do 52%, sendo o sector da industria conserveira o que aglutina a maior parte das contratacións.

No programa, engade o Concello, participan 100 persoas desempregadas, realizando un plan formativo e de orientación laboral en función dos seus intereses. A aprendizaxe realizada ata o momento consistiu en obter os coñecementos e competencias transversais para a procura de emprego, como son o carné de manipulador de alimentos, o manexo de carretillas elevadoras, a prevención de riscos laborais, así como competencias dixitais bÔsicas como marketing dixital, entre outros.

O Ćŗltimo curso que concluĆ­u foi o de carretillas elevadoras, que os participantes suman Ć” formación de envasado en cadea e bĆ”sico empregado de produción, o que achega ao alumnado ā€œunha capacitación profesional completa para incorporarse Ć” industria conserveira, de conxelados e precociƱados, almacĆ©ns de frĆ­o, grandes distribuidores…ā€, explica o Concello de Boiro, lembrando que esta semana comeza a actividade formativa Certificado de Profesionalidade de Operacións BĆ”sicas de CociƱa, que vai ter unha duración total de 350 horas e que inclĆŗe prĆ”cticas en empresas da comarca.

Como dixemos, o obxectivo de Boiro Emprega é a formación para o emprego e fomentar a inserción laboral nos principais sectores produtivos da comarca para promover a contratación local.

Outros artigos



Publicidade



Revista en papel



Opinión