O Concello de Ribeira convoca as axudas para as asociacións do municipio

08 Setembro 2020

O Concello de Ribeira informa da publicación no BOP deste 8 de setembro da convocatoria das axudas destinadas ás asociacións e outras entidades de carácter cultural sen ánimo de lucro radicadas no noso municipio.

A devandita convocatoria proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

• Achegar a cultura ao maior número de individuos empregando os colectivos como instrumento para acadar esta fin.

• A existencia dunha vida cultural estable dentro do ámbito territorial.

• A participación activa da cidadanía nunha actividade —a cultura— de claro interese público, como medio de promover a formación dos máis novos e de propiciar o xurdimento da oportunidade de convivencia entre a veciñanza.

A contía destinada a este concepto ascende a 18.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir de mañá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.