O Concello de Rianxo implícase cunha nova xornada de limpeza fluvial ao abeiro do Proxecto Ríos

24 Setembro 2020

Esta fin de semana, Proxecto Ríos e a asociación ecoloxista ADEGA organizan a XIII Limpeza Simultánea Móllate polos ríos, que este ano celébrase en 49 concellos de toda Galiza, incluído o de Rianxo (grazas á colaboración do voluntariado e do Goberno local, que porán o foco, coma noutras ocasións, na limpeza de refugallos no río Te). Segundo informou ADEGA, está prevista a participación de 58 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén de 12 concellos que co-organizan directamente esta actividade.

A limpeza, que será este domingo, 27 de setembro, mobilizará unha chea de voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xeira de voluntariado ambiental e concienciación social.

A limpeza conta co apoio de Augas de Galicia e o IET, e dos seguintes concellos: A Estrada, Arzúa, Ames, Carballo, Fene, Gondomar, Meis, Melide, Nigrán, Ourense, Pol, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Teo, Tomiño, Verín e Xinzo de Limia.

Este ano moitas das limpezas forman parte das accións que se están a desenvolver en relación á Semana Global de Accións polo Clima do día 27 de setembro.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten “a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación”. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia, organismo que pertence á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Súmate á limpeza dos ríos de forma segura

ADEGA lembra tamén que para levar a cabo a actuación existe un protocolo de limpeza segura de ríos que se pode descargar en PDF na web do Proxecto Ríos. Tamén se agasallará aos/ás voluntarios/as con unhas máscaras co lema da limpeza tecidas en algodón orgánico, reutilizábeis e “feitas aquí en Galiza”.

Respectaranse tamén as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola COVID-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recomendan que os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posíbel unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.