O Concello da Pobra tramitará os expedientes sancionadores polo incumprimento da lei de prevención de lumes

10 Setembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal anunciou esta semana que tramitará os expedientes sancionadores que afectarán ás persoas propietarias dalgunhas parcelas polo incumprimento da xestión da biomasa á cal obriga a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia no que respecta ao solo urbano, urbanizábel e de núcleo rural. O Goberno local tamén aplicará esta normativa vixente a aqueles terreos que se atopan en solo rústico dentro da franxa de 50 metros perimetrais ao límite do solo urbano, urbanizábel e de núcleo rural, enviándose expedientes á Consellaría do Medio Rural para que continúe co procedemento, ao se-la institución con competencia para sancionar nestes casos.

O Concello lembra que as persoas titulares de parcelas dentro do solo urbano, urbanizábel e de núcleo rural están obrigadas, así como nas franxas perimetrais de 50 metros ao redor destas, a efectuar a xestión da biomasa no prazo voluntario que se estipula cada ano, concretamente, ata 31 de maio. Neste 2020, debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, o dito prazo prorrogouse ata 16 de xullo. A lei, sinala a Administración pobrense, permite “requirir antes ou despois deste prazo a xestión da biomasa cando se solicita de oficio ou por outra persoa interesada, por causas motivadas e xustificadas”.

En canto á vexetación, recorda que “non se permiten os piñeiros, eucaliptos, xestas, toxos e silvas, exceptuando os loureiros, carballos, castiñeiros e outras frondosas”. Outras árbores que se exclúen desta disposición son aquelas que se empregan para a xardinaría (tuias, cipreses etcétera), froiteiras de calquera tipo ou as que non teñen continuidade cunha masa forestal, están illadas e non representan risco de incendio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.