O Concello da Pobra acondicionou o céspede artificial de Cadreche

16 Setembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal informou do remate dos traballos para o mantemento e o acondicionamento do céspede artificial do campo de fútbol de Cadreche de cara á actual tempada deportiva. Os labores desenvolvidos, tal e como fixo saber a Concellaría dos Deportes, enmárcanse no plan local para a mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano. O obxectivo é “ofrecer aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade”.

A dita intervención foi executada por Jardinería Arce e comporta un investimento de 4.585’90 euros, IVE incluído.

O proxecto supuxo o mantemento do céspede artificial, “consistente na limpeza da superficie mediante a aspiración do infill con verti-top, no descompactado do caucho con verti-groom, na cepilladura da fibra con verti-brush e no acabamento coa esteira, na inspección de liñas e xuntas, ademais de aplicar herbicidas para a retirada de malas herbas”. Tamén se efectuou o subministro de caucho negro para, deseguido, estendelo para o recheo do céspede artificial mediante a carga, así como cunha recebadora específica acoplada a un tractor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.