O CIM de Ribeira organiza un obradoiro de artes plásticas coa participación de dez mulleres

04 Setembro 2020

Este luns día 7 comezará o último dos obradoiros do programa de arte terapia relacionado coa saúde e o benestar integral das persoas que o Centro de Información á Muller ten posto en marcha dende o pasado xullo. Neste taller, segundo informa o CIM, “serán as artes plásticas as que servirán de ferramenta para mellorar e adquirir hábitos saudables en corpo e mente”.

O programa correrá a cargo da facilitadora Lucía González e contará coa asistencia dun grupo de dez mulleres seleccionadas polo CIM. Celebrarase de 9.30 a 13.30 horas no Auditorio nos días 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17.

A acción está co-financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Unión Europea.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.