O alcalde da Pobra comprométese a apoiar as consignatarias respecto da deterioración das instalacións do peirao comercial

24 Setembro 2020

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, mantivo a semana pasada unha reunión con representantes das empresas locais que emprestan servizos aos buques que recalan no porto local: Consignaciones Barbanza, Consignaciones Puebla e Consignaciones Luis Martinez. A xuntanza coas consignatarias tivo o obxectivo de coñecer de primeira man a situación dos vestiarios do peirao comercial, os cales son empregados polas persoas traballadoras das mencionadas empresas. A reunión tivo un precedente directo a principios de setembro, cando o rexedor visitou as devanditas dependencias xunto coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, durante a estadía desta na localidade.

Nesta ocasión, o rexedor tivo a oportunidade de comprobar in situ o que cualificou como “graves deficiencias que presentan as instalacións”. Segundo apuntou, “o proxecto para a construción duns novos vestiarios que reúnan as condicións necesarias para cumprir as súas funcións atópase na actualidade paralizado”, ademais de que, tal e como se expuxo, “o seu elevado custo e a repercusión que tería nas taxas portuarias, multiplicaríanse por dez, non permitiu chegar a un acordo entre as empresas usuarias do peirao e a entidade responsábel do funcionamento do porto”.

En consecuencia, o alcalde amosou o apoio do Goberno municipal ás demandas das empresas consignatarias e ofreceuse a mediar no asunto, na procura dunha solución nun curto prazo, pois afirmou que “a situación é insostíbel debido ao avanzado grao de deterioración dos vestiarios, que non cumpren coas condicións mínimas de hixiene e seguridade”.

Piñeiro, ao fío do devandito, anunciou que solicitará unha nova xuntanza coa presidenta do ente público e, de ser necesario, procurará dar traslado da situación ao Parlamento galego.

Outros artigos

O Elma acolle este venres a proxección de “Matria”

O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, no marco do ciclo Venres de Cine, acolle este venres 13 de febreiro a partir das 21.00 horas a proxección do filme galego Matria, dirixido por Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar a cabida. Organiza a concellaría de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...