A Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Noia ven de rematar os traballos de roza e limpeza nos colexios da Barquiña e de Bergondo. Trátase dunha actuación para poñer a punto estes espazos antes do estreo do curso escolar 2020-2021.
Este ano, dadas as circunstancias especiais derivadas da pandemia da COVID-19, no concello de Noia todos os departamentos se implicaron na volta ao colexio dos escolares da vila. A nova concelleira de Parques e Xardíns, Ana Isabel García, apunta que “ás labores habituais de mantemento e de limpeza, este ano súmanse todas as
tarefas precisas para facer que a volta ao colexio sexa segura”.
A Deputación apoia os concellos de Dodro, Rois e Lousame nos seus programas de envellecemento activo
A Deputación da Coruña destina este ano 280.556,49 euros a financiar programas de loita contra a soidade non desexada e actividades de envellecemento activo nos concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia. A institución provincial vén de publicar no BOP a...