Galicia rexistra outros 201 positivos e os casos activos aumentan en 21. Na nosa área sanitaria baixan en 14

16 Setembro 2020

Na área sanitaria Santiago- Barbanza rexistra 659 casos activos, catorce menos que onte. Os hospitalizados suben a 32 no Hospital Clínico de Santiago (2 deles nunha Unidade de Críticos). Os pacientes curados chegan a 2.553 e as PCR realizadas 62.397.

En Galicia os casos activos da COVID-19 aumentaron noutros 21 nas últimas 24 horas tras detectarse 201 novos positivos e 178 novas altas.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.322 deles 1.237 son da área da Coruña, 781 da de Lugo, 500 da de Ourense, 577 da de Pontevedra, 387 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 181 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.082 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.829 persoas curadas, rexistrándose 696 falecementos. O número de PCR realizadas é de 405.798.

Con respecto aos falecementos, ata o de agora notificouse a morte de 696 persoas con COVID en Galicia, dos que 308 eran usuarios de residencias, un 44,2 por cento do total de decesos (e destes, 141 morreron dentro dos propios centros xeriátricos).

Os últimos falecidos, comunicados por Sanidade a última hora do martes, foron un home de 86 anos que morreu no Hospital Lucus Augusti (e que procedía da residencia de Outeiro de Rei), e unha muller de 91 no Hospital Virxe dá Xunqueira de Cee; ambos con patoloxías previas.

Outros artigos

Os alcaldes de Barbanza Arousa din non a Altri

Na mañá deste 18 de marzo os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa, Julián Bustelo, José Ramón Romero, José Carlos Vidal e Luis Pérez Barral (rexedores, respectivamente, de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) ofreceron unha rolda de prensa conxunta na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos...

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...