No transcurso desta semana o alumnado do taller de cociña O Pote está a visitar un obradoiro de pan (o do establecemento D’Muíño, recentemente
aberto na nosa cidade) coa fin de familiarizarse co proceso de
elaboración deste produto.

UN OBRADOIRO DE PAN PARA FAMILIARIZARSE CO
PROCESO DE ELABORACIÓN DESTE PRODUTO
As visitas están tendo lugar en grupos de cinco estudantes entre onte, hoxe e mañá, acompañados do profesor do curso Patxi Movilla.
Alí puideron escoitar de boca dos membros do establecemento (José Bustelo, Mercedes Fernánez, Uxía Bustelo e Jacobo Bustelo, amén de dous empregados) os condicionantes a ter en conta á hora de preparar o produto, tales como a temperatura, levado, repouso, etcétera.

UN OBRADOIRO DE PAN PARA FAMILIARIZARSE CO
PROCESO DE ELABORACIÓN DESTE PRODUTO