En Ribeira activadas as obras do paseo das Carolinas e do Parque da Concordia

25 Setembro 2020
Obras nas Carolinas. Ribeira

Activadas as esperadas obras de reordenación do paseo das Carolinas e do entorno do parque da Concorcia (Avda.García Bayón): unha actuación que culmina a renovación renovación integral da fachada marítima da cidade de Santa Uxía logo das obras de remodelación do Malecón emprendidas o ano pasado.
Así, no día de hoxe tiveron lugar os traballos preliminares de cara a unha actuación cuxo importe ascende a 441.833 euros, financiados por Portos de Galicia en virtude do acordo subscrito co Concello en abril do 2019. O prazo de execución son cinco meses.
Proseguindo co espírito da intervención emprendida no Malecón, a actuación a efectuar no paseo das Carolinas persegue o propósito de
dar prioridade ao peón sobre o tráfico rodado conferindo a este
contorno o carácter urbano que lle corresponde.
A tal efecto, redactouse un proxecto técnico que inclúe a habilitación
dun único carril de circulación en dirección saída e a ampliación da
xardineira central, dotando así á zona de máis espazos verdes. No que atinxe á parte pegada ás vivendas, a área será reordenada dispoñendo aparcamentos en batería e aumentando o espazo de uso destinado aos viandantes.

Obras nas Carolinas. Ribeira

Carril bici do Touro a Coroso
Ademais, pola banda pegada ao porto crearase un carril bici que una o existente no Touro-Malecón co do paseo de Coroso, de tal xeito que toda a banda litoral da cidade sexa perfectamente percorrible en bicicleta coa fin de facilitar así este medio de transporte.
Así mesmo, o proxecto inclúe a implantación de liñas novas de pluviais. Instalarase 180 metros de tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así como 15 acometidas, 45 arquetas e 5 pozos de rexistro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.