En Corrubedo despregue de medios para auxiliar a unha rapaza a saír da auga

Medios de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, un helicóptero medicalizado, axentes da Policía Nacional, Local  e efectivos do Servizo Municipal de Ribeira desprazáronse esta tarde ata a Praia de Ladeira, en Corrubedo, para auxiliar a unha rapaza que se atopaba con dificultades para saír da auga.

Ao redor das 17:30 horas, persoal sanitario informaba ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago e dun equipo médico cunha ambulancia para a Praia da Ladeira. Indicaban que unha rapaza prestaba dificultades para saír da auga.

De inmediato e con estes datos, os xestores do 112 Galicia deron conta dos feitos a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que  mobilizaron un helicóptero e unha embarcación.

Segundo o relato do alertante unha muller pediulle auxilio, indicoulle que ela puidera saír da auga pero que a súa amiga presentaba dificultades.

Finalmente e despois de buscar pola zona e non atopar nada, os axentes da Policía Local informaron ao 112 Galicia que a rapaza xa aparecera, unhas amigas axudárana a saír da auga e estaba en bo estado, polo que, descartouse a intervención dos profesionais sanitarios.