“E a Xunta, cala”. Antón Luaces

03 Setembro 2020

Máis do 90% da flota do cerco agarda -de momento en silencio- un pronunciamento oficial da Xunta, a través da Consellería do Mar, con respecto á súa proposta de establecer para este segmento da frota un cupo de 750 quilos de xurelo por tripulante e día en cada barco, co obxectivo de manter unha reserva que permita a todos vivir máis ou menos do traballo de pescar. Pero a Xunta -e por suposto a Consellería- calan. Só se sabe dun hipotético apoio da administración pesqueira galega a tal límite de capturas para a flota do cerco en augas das Zonas VIIIc e IXa. Pero tamén deixa claro que entende que tal proposta “exclúe a competencia” e “non demostra suficientemente que cumpre coas normas de competencia  requerida polo Regulamento UE 1379/2013 de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de produtos da pesca e a acuicultura”.

A Xunta é quen debe exercer a súa acción para modificar todo aquilo que, agora mesmo e a xuizo do colectivo de pescadores,  máis está a “axudar” a desfacer a frota. Porque a frota, á vista está, perde efectivos cada día e isto repercute no sistema de vida de moitas familias que dependen da pesca para sobrevivir. E non é a Consellería do Mar quen máis se move a prol do cerco porque a Xunta está detrás dese silenzo que para nada satisfai ao sector pesqueiro.
Neste senso, a flota critica á Consellería porque se coinsideran desamparados pola máxima autoridades neste eido en Galicia. E a Xunta cala, mallia saber de sobras que o sector non está satisfeito coa escasa atención que recibe. E, neste eido, tampouco contribúen os partidos con representación no Parlamento de Galicia, agás o BNG que, de cando en veces, pon as cartas riba da mesa para falar dun sector que esmorece e produce perdas importantes qwue os demáis semellan non querer ver.
Os cerqueiros non desbotan a posibilidade de mobilizacións para esixir unha respostas axeitada. E, dende un amarre da frota ata manifestacións nos portos e cidades galegas, eswt´qan decididos a todo para salvar un dos eixos fundamentais da economía da nosa terra.

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...