Contra atrás para o comezo das Escolas de Fútbol da Fundación Celta en Ribeira

28 Setembro 2020

O concello de Ribeira e a Fundación Celta van traballar para seguir convertendo o termo municipal nun centro de formación e adestramento para as novas promesas do deporte. Farano a través das Escolas de Fútbol 2020-2021, cuxa edición ribeirense celebrarase no Campo Municipal da Fieteira, os mércores en horario de 18.00 a 20.30 horas. As sesións, que van desenvolver “baixo cumprimento estrito de protocolo de seguridade COVID-19”, levaranse a cabo dende outubro até maio, con data de inicio o 7 de outubro. O prazo para inscribir aos novos deportistas está aberto dende o 7 de setembro. Este mércores está prevista unha xornada de portas abertas.

As Escolas de Fútbol da Fundación Celta de Vigo inclúen escola de tecnificación, clases impartidas por técnicos da canteira do Real Club Celta e sesións para aplicar a metodoloxía de formación e desenvolvemento da canteira do club. As clases levaranse a cabo en grupos reducidos, de 10 xogadores de máximos, con adestramentos individualizados. Haberá descontos para xogadoras e xogadores de clubs convidados, segundos irmáns, abonados do Real Club Celta e membros da Fundación Celta, e clubs do concello de Ribeira. A cota mensual será de 30 euros ao mes con desconto e a matrícula de 50 euros, tamén con desconto, incluíndo equipamento de formación completa: chuvasqueiro, suadoiro, camiseta, pantalón e calcetíns. Para máis información sobre o programa cómpre consultar a web da Fundación Celta de Vigo.

Xornada de portas abertas

As escolas de tecnificación do Celta celebrarán este mércores 30 en Ribeira unha xornada de portas abertas. Será, tamén, no Campo Municipal da Fieteira, pola tarde e en dúas quendas: a partir das 17.30 horas (prebenxamíns e benxamíns) e ás 19.00 horas (alevíns e infantís). As e os deportistas que teñan interese en acudir deberán inscribirse no documento en liña habilitado pola organización.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.