Comeza na Pobra unha nova edición do Camiños de Coñecemento e Experiencia

22 Setembro 2020

Un total de 25 veciñas e veciños participan dende este martes 22 no programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que regresa por terceiro ano consecutivo ao municipio da Pobra, para lle presentar á veciñanza maior de 50 anos unha atractiva oferta formativa.
O Auditorio do Museo Valle-Inclán acolleu esta tarde o acto de apertura, para o cal se desprazou ata alí a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a directora do IV Ciclo na USC, Esther Olveira, para dárlle-la benvida ás persoas asistentes, ademais de agradecer o traballo da técnica municipal da Área da Cultura, Fita Sanisidro.
O dito ciclo desenvolverase ao longo do presente mes, englobando tres
seminarios das seguintes temáticas: criminoloxía, educación e teatro. Cada un constará dunha sesión teórica e outra práctica.
Deste xeito, hoxe transcorreu o seminario Introdución á criminoloxía. A
criminoloxía e a política criminal a cargo de Ana Moure Soengas, da Facultade de Ciencias Políticas (USC). Volverá no día seguinte cun obradoiro práctico e a análise dunha pegada dixital.

O xoves 24 será a quenda de Diana Priegue Caamaño e Cristina Varela Portela, da Facultade de Ciencias da Educación (USC), co seminario Estilos educativos parentais. No venres 25 realizarase a parte práctica.
Beatriz Porrúa Refojo, do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo (USC),
será a encargada de impartir Seminario Teatro. A construción do personaxe no luns 28, que proseguirá no martes 29 coa súa parte práctica a través dun
obradoiro.
O curso concluirá coa tradicional entrega de diplomas en Santiago, incluíndo algunha cita cultural.
Tódalas actividades teñen lugar en horario de 16.30 a 18.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.