Avelino González leva o seu espectáculo Saaabor! a Porto do Son

30 Setembro 2020

O actor, escritor e director Avelino González vai levar á Casa da Cultura de Porto do Son o seu espectáculo Saaabor!, un espectáculo cómico para a rapazada (especialmente) que mestura música, maxina, humor, ritmo e gastronomía. Será o 10 de outubro a partir das 20.30 horas. As entradas poden adquirirse no Concello de Porto de Son. O espectáculo Saaabor! recibiu hai dous anos o Premio do Público do Festival Festiclown.

Trátase dunha proposta na que dous recoñecidos chefs chegan a unha vila cun vehículo gastronómico (unha food-truck que causa sensación entre os residentes) coa idea de mostrar as súas habilidades, pero as cousas non acaban de funcionar sempre como se desexan…

O espectáculo conta coa presenza de Félix Rodríguez (Odaiko, Píscore) e Fran Rei (Falar sen Cancelas, Os Sete Magníficos), baixo a batuta de Avelino González. Terá unha duración de 65 minutos.

Outros artigos

Pakolas actúa este domingo 13 no Local Veciñal de Nebra

Esta fin de semana continúa en Porto do Son a primeira edición do seu Ciclo Cultural Infantil Itinerante, impulsado polo Concello. Farao da man do músico Pakolas, que presenta o espectáculo As máis molonas. Será este domingo 13 de outubro no Local Veciñal de Nebra, ás...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...