Arrincan as obras para renovar as beiras en Iñeiras, Olveira

17 Setembro 2020

O Concello de Ribeira iniciou as obras para a renovación de beirarrrúas no lugar de Iñeiras, situado na parroquia de Olveira. Concretamente, os operarios da empresa Construccións Fermín Simal están a desenvolver unha intervención pola cal as actuais beiras fabricadas en xabre (zahorra) compactado están a demolerse para ser substituídas por outras a base de formigón pulido, intercalado con franxas de lastras (adoquíns) de formigón. Terán unha lonxitude de 500 metros.

A mesma actuación engloba outros dous traballos de mellora da seguridade viaria que se localizan na rúa Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño; e As Abesadas, en Santa Uxía.

Polo que respecta á rúa Francisco Lorenzo Mariño, o tramo en cuestión está formado actualmente por soleiras de formigón que serán demolidas e no seu lugar colocarase un tramo de beirarrúa de baldosa hidráulica ao longo de 37 metros.

E no que se refire a Abesadas, na área na que se vai actuar, sita xunto á rotonda da Poutada, existe un pavimento de terra. Ao igual que no punto sinalado no parágrafo anterior, coa fin de afianzar a seguridade viaria estenderase un tramo de beirarrúa con baldosa hidráulica nunha lonxitude de 60 metros.

O conxunto da actuación entraña un investimento de 43.408 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018.

O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.