Arrinca en Boiro o Lab Barbanza con 18 proxectos emprendedores inscritos

21 Setembro 2020

Esta recta final de setembro vai ser decisiva para o emprendemento na nosa comarca e para os novos (innovadores e creativos) xeitos de traballar e producir servizos e produtos. Estamos a falar da posta en marcha definitiva do espazo de emprendemento e aceleración Emprende – Lab Barbanza, que vén da man do Concello de Boiro con financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración da ABE (a Asociación Boirense de Empresarios). O prazo de inscrición pechou o pasado venres 18 cun total de 18 proxectos emprendedores da comarca inscritos para participar na primeira fase do programa, que é fase de formación.

O abano temático das propostas, segundo informa o Concello, é completo e amplo, contándose con proxectos tecnolóxicos (como unha escola online de patronaxe e deseño, unha plataforma de xestión forestal ou un proxecto para impulsar a dixitalización dos negocios tradicionais), gastronómicos ou mesmo musicais. A primeira das fases consiste na formación e mentoring dos 18 inscritos, dos que 10 pasaran á segunda fase de aceleración.

O programa Emprende Lab Barbanza ten como obxectivo “impulsar e fortalecer o ecosistema empendedor actual da comarca do Barbanza, con novas empresas baseadas no talento, a innovación e o rápido crecemento”. Para dinamizar e apoiar o lanzamento e crecemento de proxectos empresariais, vanse ofrecer un conxunto de servizos como obradoiros de formación teórico- practica e sesións de asesoramento individuais.

A primeira das xornadas está prevista para o vindeiro xoves día 24, e nela todos os participantes de Lab Barbanza van visitar as instalacións, familiarizarse cos obxectivos e cronograma do programa e coñecer todas as demais propostas inscritas.

Outros artigos

UCIN Boiro critica o estado da estrada de Berres

O grupo UCIN Boiro, a través do seu coordinador Miguel Piqueras, vén de emitir un novo comunicado no que critica o estado no que se atopa a estrada de Berres, unha vía fundamental que conecta Boiro con O Saltiño e Cabo de Cruz e que, indican, "soporta diariamente un...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.