Aquí la Tierra visitou Porto do Son

15 Setembro 2020

O programa Aquí la Tierra, unha das máis populares e recoñecidas contribucións audiovisuais da actual grella da televisión pública estatal (o programa foi recoñecido recentemente no Festival de Televisión de Vitoria-Gasteiz co Premio FesTVal), estivo os días pasados en Porto do Son para mostrar o importante traballo que despregan cada día as traballadores e traballadores do mar.

Froito desta visita foi o programa deste 13 de setembro que xa podemos ver online, na canle de RTVE, e na que a presentadora Mar Villalobos de Aquí la Tierra acode a terras sonenses da man do actor Antonio Garrido e mailo patrón maior da Confraría de Pescadores do Porto do Son, Milo Queiruga, e tamén acompañada das redeiras de Portosín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.