Aprázase por mor do mal tempo o concerto de Los Secretos no Mosteiro da Fervenza

25 Setembro 2020

A sesión inaugural do ciclo Fervenza Sonora, que se ía inaugurar no local hostaleiro Mosteiro da Fervenza (Lousame, San Xusto de Toxosoutos) este sábado 26 da man de Los Secretos, tivo que ser finalmente adiada por mor da previsión meteorolóxica adversa desta fin de semana.

O concerto, inicialmente programado para este sábado ás 19.00 horas, foi aprazado, segundo fan saber os responsábeis do Mosteiro da Fervenza, “porque as condicións climáticas non fan posíbel a celebración, en condicións óptimas, da actuación da banda madrileña”. O concerto, engaden, deberá agardar ao ano que vén, a unha data aínda por determinar.

O Mosteiro da Fervenza quere agradecer ao público a confianza nesta nova aposta pola cultura ao vivo e sinala “que as entradas devolveranse integramente a través da mesma plataforma na que foron adquiridas. De feito, ao longo da xornada de hoxe Ataquilla porase en contacto cos compradores para proceder á devolución no prazo de tempo máis reducido posíbel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.