A Policía Local de Rianxo rexistrou 14 infraccións nas estradas entre o 9 e 20 de setembro

24 Setembro 2020

A Policía Local de Rianxo realizou os días pasados, entre o 9 e o 20 de setembro, unha campaña especial de vixilancia e control de alcol, drogas e velocidade nas estradas locais, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Para o operativo dispúxose un vehículo cedido polo devandito organismo, equipado cos medios técnicos precisos para o desenvolvemento de dito labor de control e vixilancia. A través do operativo controlouse a velocidade de 1.878 vehículos, detectándose un total de 14 infraccións administrativas.

Amais, realizáronse en diversos controis un total de 191 probas de alcoholemia, sendo interceptados 3 condutores que deron taxas superiores ás permitidas, dos cales un foi denunciado vía administrativa, e os outros dous foron denunciados vía penal, por senllos delitos contra a seguridade do tráfico.

Por outra banda, a Policía Local engadiu do día 11 ao 18 de setembro, coincidindo coas datas nas que se deberan celebrar as Festas da Guadalupe no concello rianxeiro, estableceuse un dispositivo especial conxunto coa Garda Civil, reforzando as patrullas e facendo incidencia na vixilancia e no control da normativa sanitaria e da seguridade cidadá. Os axentes rianxeiros, durante o referido dispositivo, denunciaron a 8 persoas e un establecemento hostaleiro por infraccións á normativa sanitaria ou alteracións do orde público.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.