A Marea Cidadá de Noia acada o apoio do Concello para acondicionar a biblioteca

22 Setembro 2020

A Marea Cidadá de Noia vén de informar de que as súas peticións sobre as melloras para a Biblioteca Municipal deron froito e xa conseguiu o compromiso do Goberno local para destinar 17.000 euros a tal fin: a posta a punto das ditas instalacións. Segundo lembra a agrupación, os requirimentos para acondicionar o dito espazo cultural e emendar os seus “graves problemas estruturais” son peticións que veñen de antigo. “Noia é unha vila que conta con dous IES que acollen a estudantes dos concellos limítrofes, e non pode permitirse contar cunha biblioteca que presenta problemas tan graves”, explican dende a Marea Cidadá.

A agrupación engade que a dotación irá destinada a solucionar os problemas de illamento das portas e a instalar aire acondicionado na biblioteca. Malia os traballos previstos para poñer a punto o espazo cultural, a Marea Cidadá continuará “pulando pola construción dun edificio novo, que dea saída a todas as demandas das veciñas, que sexa accesíbel para todos e todas e que permita a realización de actividades lúdico-educativas para cativos e cativas no seu interior”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.