A dinamización do parque empresarial de Rianxo unha das prioridades de “Solo Empresarial do Atlántico”

30 Setembro 2020

A xerente de “Solo Empresarial do Atlántico”, Beatriz Sestayo, desprazouse
este martes a Rianxo, para analizar, xunto co alcalde, Adolfo Muíños, novos proxectos de desenvolvemento socioeconómico e creación de emprego, ante o interese que suscitou en distintos ámbitos empresariais.

Con este obxectivo, Beatriz Sestayo e Adolfo Muíños tamén visitaron o
polígono, que proximamente sumará unha nova empresa, tras a venda en agosto dunha parcela de 1.152 metros cadrados.
A dinamización do parque empresarial de Rianxo é unha das prioridades
de “Solo Empresarial do Atlántico”, segundo transmitiu Beatriz Sestayo,
que no transcurso da visita informou ao rexedor “do interese que está
a suscitar no ámbito empresarial, #ante a súa excelente localización e as
oportunidades de negocio que expón”.
No caso concreto de Rianxo “SEXA” bonifica o 10% do prezo establecido
de venda de parcelas no caso de que se adquiran máis de 6.000 metros
cadrados de superficie. Na actualidade, Rianxo conta con 16 empresas, entre as que se atopan Cortizo, Transagonza, Proafer, Metais Taragoña, A
Cambra ou Talleres Milocho.

Situado nun municipio eminentemente costeiro, o polígono de Rianxo conta cunha superficie bruta de 317.728 metros cadrados e neta de 200.156, e con excelentes comunicacións a través da Autovía do Barbanza (AG-56), a
Autoestrada da Atlántico AP-9 e a N-550.

CHAN EMPRESARIAL DO ATLÁNTICO
Chan Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia,
que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo –Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e
Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asintan máis dun centenar de empresas.
Chan Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...