A Deputación financia a mellora da praza de San Lázaro en Noia

16 Setembro 2020

A Deputación da Coruña financiará, en colaboración co Concello de Noia, as obras de acondicionamento e mellora da praza de San Lázaro e da nova rede separativa de saneamento da rúa Outonil e Vista Alegre da localidade noiesa. A entidade provincial lembra que ambas as dúas obras están en fase de licitación pública ata o 28 de setembro e suman un investimento total de 335.219 euros, dos que 320.000 serán achegados con fondos do Plan Único (POS+2019) da Deputación e 14.990 con fondos propios do Concello de Noia.

O obxectivo é que as obras de reurbanización da praza de San Lázaro “melloren a estética e funcionalidade da mesma, que presenta diversas deficiencias”, explica a Deputación, engadindo que na contorna actual de estacionamento e na rúa asfaltada cambiarase por completo o pavimento e ampliarase a zona de xogos, instalando novos aparellos biosaudábeis e multiaventura no entorno da capela.

No resto da praza de San Lázaro realizaranse obras de mantemento como substitución das luminarias, lixado e pintado das farois, substitución de enreixados e das madeiras dos bancos e mantemento dos xardíns.

Renovación da rede de saneamento en Outonil e Vista Alegre

A Deputación financiará tamén as obras de renovación da rede de saneamento das rúas Outonil e Vista Alegre de Noia, instalando un sistema separativo de augas pluviais e residuais. Segundo fai saber a entidade provincial, a rede de saneamento ten máis de 30 anos de uso e presenta fendas nos colectores, fabricados en formigón e situados a pouca profundidade (apenas 40 cm.) da superficie da estrada, o “que provoca problemas no sistema”. A nova rede de saneamento será de PVC mentres que a de recollida de pluviais executarase en propileno. As obras incluirán as acometidas a todas a vivendas e os pozos, que tamén serán renovados, executaranse en formigón prefabricado.

Tras a execución da nova rede de saneamento, pavimentaranse as rúas con aglomerado de 5 cm de espesor e realizarase o recrecido dos pozos actuais para eliminar posíbeis fochancas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...