A Casa da Cultura de Lousame acolle este venres o obradoiro Xogando coa música

17 Setembro 2020

A Casa da Cultura de Lousame serve de escenario este venres 18 de setembro ao obradoiro Xogando coa música, dirixido por Esperanza Mara. Recomendado para nenos e nenas do municipio maiores de 3 anos, as inscricións aínda estarán abertas ata as 14.00 horas do propio venres chamando ao 981 825 780. O obradoiro Xogando coa música comeza ás 19.00 horas.

A actividade consiste nun contacontos para a cativada inspirado na historia dunha soprano que non é quen de cantar logo de que un neno se rira dela en público. Coa axuda da Serea Medea e da rapazada lousamiá, conseguirá volver a cantar. Un espectáculo familiar e gratuíto duns 45 minutos de duración.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.