Un cento de persoas na excursión a Sálvora organizada polo concello

17 Agosto 2020

Un cento de persoas, entre mozos e menores (e adultos que acompañabana estes últimos) participaron onte domingo nunha excursión á illa de Sálvora
promovida pola Concellería de Xuventude coa fin de vivir unha xornada en familia nesta época estival.
A irregularidade do tempo reinante non foi obstáculo para disfrutar dunha experiencia na que, da man de guías titulados do parque nacional das Illas Atlánticas, tiveron ocasión de percorrer dúas rutas, ata a aldea e os hórreos dedicados ás catro heroínas e a Luis Cebreiro, por unha banda, e ata o faro por outra.
E aínda houbo tempo de espraiarse na praia do Almacén antes de emprender a viaxe de regreso en catamarán en torno ás cinco da tarde.
Con eles estivo a concelleira de Xuventude, Juana Brión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.