Ribeira terá nova web municipal

14 Agosto 2020
Web actual de Ribeira

O Concello de Ribeira adxudicou o deseño, desenvolvemento e implementación dun novo portal web municipal: unha iniciativa que busca por unha banda mellorar a proximidade e relación coa cidadanía (optimizando a experiencia de usuario na súa relación coa institución) e, por outra, modernizar o seu estilo e imaxe, empregando así mesmo as técnicas máis punteiras de xestión para facela máis dinámica, viva e intuitiva.
Cómpre lembrar que esta iniciativa se enmarca dentro da EDUSI Máis
Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo
Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
Adscríbese á liña de actuación deste plan denominada ‘Modernización da
Administración e Smart Village Riveira, á que pertence tamén o Sistema
de Cartelería Dixital que se está desenvolvendo en período de probas,
con seis pantallas informativas situadas noutros tantos puntos do
municipio.
De entre os cinco aspirantes presentados durante o período de licitación,
a empresa que obtivo unha mellor clasificación foi ASAC
Comunicaciones S.L., cun total de 95,96 puntos, dos cales 49,96
corresponden á oferta económica (17.459,09 euros, con IVE incluído) e
46 puntos á valoración técnica da súa proposta.
O prazo de entrega e posta en marcha da solución escollida será de 4
meses dende a firma do contrato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.