Ribeira restrinxe o consumo de auga. Bando da Alcaldía

BANDO 

A evolución climática rexistrada nos últimos anos está a ter un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos da nosa área de influencia, principalmente nos veráns. Para tratar de anticiparnos e manter as reservas durante o presente período vacacional resulta imprescindible reducir o seu consumo, especialmente nun ano excepcional no que a auga é crítica tamén desde un punto de vista sanitario. 

En consecuencia, desde o Concello adoptanse as seguintes medidas de redución de consumo de auga para obrigado cumprimento da poboación: 

• Minimizar todos os consumos non esenciais realizados polo Concello  (regos, baldeos, fontes…) Soamente poderá empregarse a auga de abastecemento para o consumo doméstico ou industrial. Calquera outro uso estará prohibido. Non se poderá utilizar a auga de abastecemento para: o Encher piscinas, elementos similares e depósitos. O Regar xardíns privados, hortas e explotacións agrícolas. o Lavar vehículos ou patios. 

Solicítase que ante calquera incidente de perda ou malgasto indiscriminado de auga do que se teña coñecemento se informe ás autoridades. A colaboración cidadá é esencial para que, entre todos, se contribúa á redución do consumo de auga. Neste sentido resulta imprescindible asegurar un uso racional no fogar, evitando derroches e priorizando hábitos de conduta tales como: 

Uso preferente da ducha fronte ao baño 

• Utilización da lavadora e do lavalouzas a plena carga e en programa económico 

• Manter as billas abertas o tempo imprescindible de uso 

Cerrar levemente a chave de paso da vivenda 

Polo presente bando, faise un chamamento aos veciños e veciñas e tamén aos nosos visitantes e aos emigrantes retornados durante este período estival a que tomen conciencia da necesidade de facer un consumo racional, axustado e solidario da auga

Santa Uxía de Ribeira, 3 de agosto de 2020 

Manuel Ruiz Rivas Alcalde de Ribeira