Ribeira, Castiñeiras e Palmeira acollen esta fin de semana diversos actos lúdicos

28 Agosto 2020

O coñecido grupo vigués Broken Peach vai actuar o sábado 29 no paseo Plácido Betanzos de Palmeira cun concerto que se integra dentro da programación da Fiestra de Cultura. Así se deu a coñecer esta mañá dende a Concellería que dirixe a edil María Sampedro, redondeando unha última fin de semana de agosto que traerá ademais música, autocine e contacontos a outros puntos do municipio ribeirense.


Fundada en 2009, Broken Peach é unha banda caracterizada por fusionar diversos estilos (como soul, rock, funk, pop ou gospel) cunha esmerada posta en escena. Nas redes sociais son todo un fenómeno, con máis de 86.000 suscriptores en YouTube e vídeos aloxados nesta canle que nalgún caso superan os 3,8 millóns de visualizacións (en concreto, This is Halloween de Tim Burton para Pesadelo antes de Nadal: https://www.youtube.com/watch?v=YNiI6C0142g).
Broken Peach actuará no paseo palmeirense ás 22.15 horas. O aforo é limitado en recinto acoutado e a entrada, por rigorosa orde de inscrición. A mascarilla será obrigatoria.

Outros eventos
Por outra banda, cómpre lembrar que o calendario de eventos comezará xa o venres ás 22.15 horas co Autocine de Verán que recala en punta do Castro en Castiñeiras. Proxectarase o filme “La gallina Turuleca) e o aforo estará limitado a 20 vehículos.

Xa o sábado e por iniciativa da Concellería de Educación e o Servizo Municipal de Normalización Lingüística terá lugar unha sesión contacontos para pequenos e maiores na Porta do Sol de Ribeira a cargo de Fran Rei e a súa proposta “A historia de Brancaflor”. Dará comezo ás 12 do mediodía.
Ás 22.15 horas, no mesmo emprazamento fronte á igrexa de Santa Uxía, terá lugar un concerto de Gramola Yé Yé incluído dentro da programación da Fiestra da Cultura. O aforo é limitado e a mascarilla obrigatoria.

O programa concluirá o domingo 30 de agosto cun concerto de Aliaxe no paseo do Malecón de Ribeira que se adscribe ás Rúas Musicais que están xirando por todas as parroquias do concello. A actuación dará comezo ás 13 horas.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.