Ribeira acolle ata o domingo a feira de oportunidades Viamare Stock

14 Agosto 2020

Baixo unhas condicións especiais, Santa Uxía acolle ata o domingo a feira de oportunidades Viamare Stock da Asociación de Empresarios de Ribeira. Na feira participarán 22 establecementos dos máis diversos sectores e a patronal volve contar coa colaboración do centro de día de alzhéimer para a confección dos elementos decorativos. Os establecementos, como é habitual instalarán as sús carpas no Malecón, pero debido ás restricións da crise sanitaria non o farán nunha soa carpa.

A situación actual sanitaria obrigará a que cada establecemento disporá dun espazo propio. Ademais, haberá entradas e saídas independentes, así como un vixiante de seguridade controlando o aforo e o uso de máscaras. O horario será, todos os días, de 11.00 a 22.00 horas de maneira ininterrompida. Desde a patronal de Ribeira destacaron o apoio do Concello ao comercio local nestes momentos tan delicados polos que atravesa debido á pandemia e que esta edición a XV amosa a consolidación da Feira Viamare Stock.

Acto de apertura de Viamare Stock, cedida

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.