Plan de mellora da cobertura móbil con medicións sobre o terreo nos concellos adheridos da comarca

11 Agosto 2020

A AMTEGA en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia están a realizar as medicións sobre o terreo nos 94 concellos que se adheriron á iniciativa da Xunta para a mellora a cobertura móbil en zonas illadas.
Desde hai varias semanas o Plan entrou na fase de verificación da calidade da cobertura coas medicións sobre o terreo e, conxuntamente con Retegal, visitarase e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas polas entidades locais, creando así un mapa de zonas de actuación.


Unha vez rematado este proceso, que se prevé completar no mes de setembro, os concellos que cumpran cos requisitos (carecer de cobertura e poñer e dispoñer dos terreos adecuados) integraranse nun proxecto, que se desenvolverá a través da construción de torres polo operador publico Retegal e dunha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva.
Con esta iniciativa a Xunta busca que todos os galegos dispoñan de conexión de calidade independentemente de onde se atopen. As redes móbiles, especialmente as redes 4G e no futuro as 5G, son as que aportan a capacidade de estar conectados en calquera lugar no que se atope nese momento o cidadán.
Esta actuación é complementaria ás accións de despregamento de fibra óptica que tamén están en marcha e que garanten a cobertura de redes de 100 Mbps para o 90% dos galegos en 2021.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.